lunes, 25 de abril de 2011

Despois das vacacións...

Facemos esta pequena entrada para comentar que xa temos o traballo case rematado, tanto o power point coma a guía escrita. Queda un pouco de decoración do power point para tentar que sexa o máis entretido e útil posible dado o  material é desenñado para ser utilizado por  un alumno de primaria.
En canto as principais dificultades co power point xurdiron en torno ós hipervínculos xa que tivemos bastante lío para enlazar todas as distintas páxinas e que ademais fosen soando os sons no seu debido momento,  tentaremos solucionar todos estes problemas o máis cedo posible.

- Deixamosvos uns vídeos de percusión musical dun grupo que seguramente xa coñeceredes.

jueves, 14 de abril de 2011

Elaborando o power point

Volvemos de novo para informar sobre os nosos avances.
Hoxe estivemos reunidas para facer o power point o cal está case rematado. Puxemos moitas actividades e eliximos un guía para axudar ós rapaces a acceder a actividades dun modo máis sinxelo.
En canto ó índice publicado anteriormente, fixemos unha modificación eliminando o punto do "uso da electrónica e informática musical" xa que nos parecía demasiado complexo para alumnos de cuarto curso.
Ademais, neste blog, poderedes encontrar a vosa dereita un reproductor de vídeo no cal podedes ver algúns vídeos de interese relacionados co noso tema.

Como adianto, deixámosvos un enlace a unha actividade, incluida no noso traballo, sobre os instrumentos de láminas:
http://dl.dropbox.com/u/286412/CURSO2010-11/placophone.swf

Esperamos que vos guste, un saúdo.

miércoles, 6 de abril de 2011

Novidades...

Hola!
Volvemos actualizar para contar os nosos útlimos avances.
Hoxe tivemos unha reunión para comezar a facer o power point. Comezamos a facelo en forma "esquemática" é dicir, sen poñelo bonito, decorado e esas cousas para ir facéndonos unha ideas de como podería quedar ou as actividades que mellor poden ir quedando en cada tema.
Encontramos varios libros e imaxes. Deixamos aqui un link dunha páxina na que podemos encontrar diferentes actividades relacionadas co tema que estamos a tratar e que posiblemente utilizaremos para elaborar o noso material:
http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=3598

NOTA: o enlace as veces fallounos un pouco,  esperamos que vos funcione e se vos interesa lle atopedes utilidade.

Un saúdo.