martes, 22 de marzo de 2011

Comezamos co traballo...

Hola!
Con este blog pretendemos informar do que fagamos durante o desenrolo do noso traballo de Tic, os nosos avance e páxinas ou datos que consideremos máis interesantes.


En primeiro, unha presentación oficial das compoñentes do grupo: 


Laura Rodríguez, Ángela Pérez e Sara Sánchez. (CLI05)

E para seguir unha pequena introducción do que pretendemos facer neste traballo:


Como se supón polo título do noso blog o tema elixido é "os instrumentos musicais"
En canto a descrición do material que imos deseñar pódese destacar brevemente:

- Farase unha breve introducción das familias e agrupacións instrumentais, así como o uso do corpo como instrumento.
Dedicarase un breve apartado ós instrumentos da música actual e ós instrumentos populares galegos.
- Pensado para un nivel aproximado de cuarto de primaria.
- Obxectivos e contidos que se van traballar co material:
Empregaranse instrumentos que permitan a súa práctica dentro do entorno escolar, partindo da voz e do corpo como recursos musicais naturais e logo introducirase a pequena percusión afinada, placas e a frauta doce.
O obxectivo a acadar é que os nenos practiquen cos instrumentos e acaden unha competencia básica no seu uso, asi como o coñecemento das diversas familias instrumentais,  e como pode empregarse a electrónica e informática actuais neste campo.


         Como primeira recomendación do noso blog propoñemos a serie "La banda de Mozart", unha serie enfocada para nenos en idade de estudar primaria e que ensina dun modo divertido e metafórico algúns dos autores máis representativos da música clásica e as súas obras máis coñecidas polo que os nenos poden aprender sobre este tema da música clásica que habitualmente non lles gusta case sen darse conta:



No hay comentarios:

Publicar un comentario